Os bombeiros de Boiro e Ribeira emprenderán mobilizacións

    BARBANZA > Os traballadores dos parques de bombeiros pertencentes ó Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, entre os que figuran o de Boiro e o de Ribeira, teñen previsto emprender unha serie de mobilizacións en sinal de protesta polo convenio colectivo que pretende asinar a empresa Veicar, encargada da xestión dos parques.

    As cuestións que mais preocupan o colectivo é sobre as que non houbo achegamento coa empresa Veicar que se encarga da xestión dos parques foron entre outras o horario de traballo e as retribucións, así como a súa formación, na que a escasa programación por parte da empresa de accións formativas provoca que os traballadores teñan que asistir, fora das horas de traballo e costeados do seu baixo salario, a cursos que melloran a sua capacidade profesional, realizados por outras organizacións.

    Segundo nos confirmou o presidente do comité de empresa do persoal dos parques de bombeiros da provincia nos próximos días celebrarase unha reunión na que decidirán as mobilizacións a realizar polo seu convenio.

    Redacción Barbanza