O PSOE deféndese das dúbidas sobre as facturas do bipartito

    VILAGARCIA> Voceiros do PSOE de Vilagarcía compareceron hoxe en rolda de prensa para volver a aclarar a súa posición sobre…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_credito_ico.flv{/flowplayer}

    … o prantexamento do pleno de solicitar un crédito ICO co que pagar ás empresas proveedoras do Concello. De novo os socialistas ratifican a súa intención de solicitalo pero só si se emprega prioritariamente para saldar as débedas cas empresas da contorna.

    O PSOE asegura que desde que saíu publicada esta liña de axudas o pasado 7 de xullo no BOP non se moveu ficha ata que o Alcalde rematou as vacacións. Agora entráronlle as presas tras logo de 2 meses de inactividade e empregan a presión e a mentira para saírse ca súa. Unha destas falsidades, segundo os socialistas, é a disparidade de declaracións entre o Edil de Facenda e o propio Alcalde. O encargado das finanzas asegurou que existían facturas de pymes locais, pero que se priorizaron por data as anteriores, contradicindo así ó rexedor vilagarcián. A voceira socialista Tania García cargou as tintas no referente ás insinuacións sobre as facturas do goberno bipartito anterior. Defende a moralidade da xestión do executivo antecesor.

    Así as cousas, pediron unha nova relación de facturas de empresas que contribúa a dinamizar a economía local, xa que ese é o espírito do crédito ICO, que esixe un interese de pago do 6,5%.

    Redacción Salnés