Fole demostra que si traballou no PXOM acusa a Varela de querer bloquealo

    VILAGARCÍA> Vilagarcía seguirá sen revisar o seu Plan Xeral durante catro anos máis. Así o pensa o portavoz do Partido Popular no municipio quen acusa ao actual rexedor, Alberto Varela, de mentir acerca dos seus coñecementos sobre os trámites realizados durante o mandato popular e de non querer convocar os grupos de traballo que darían continuidade á revisión do PXOM.

     

    Esta mañá o exalcalde, Tomás Fole, presentaba ante os medios unha detallada relación de todos os pasos que se deron durante o seu mandato para axilizar a revisión do Plan Xeral de Vilagarcía. Avances, acordos plenarios e ata seis reunións cos Secretaria Xeral de Urbanismo da Xunta que remataron por paralizarse sen poder chegar á súa conclusión antes de que Fole perdese a alcaldía. O portavoz popular asegura que Alberto Varela estaba ao tanto de todo e acúsao de mentireiro por afirmar que o PP deixara o plan nun caixón.

    Para Fole a continuidade dos esforzos que eles fixeron durante o seu mandato pasan pola convocatoria duns grupos de traballo que, asegura, Varela non ten pensado facer.

    O exalcalde tamén quixo facer fincapé na que denominou “inexistente planificación” da formación proposta aos traballadores do concello e a importante perda de fondos das arcas municipais que se producirá ao pagar máis horas extra debido a redución da xornada laboral de 37’5 horas como establecía o Partido Popular ás 35 que están implantadas dende o 21 de novembro. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/fole_pxom.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/fole_pxom.mp4{/flowplayer}