![]()
SANXENXO> As praceiras recoñeceron que as ventas diminuíron con respecto ó ano pasado pero o balance segue sendo positivo.
{flowplayer}images/salnes/REPOR_PRAZAS_NOITEBOA.flv{/flowplayer}
Esta mañá, os veciños de Sanxenxo ultimaban as compras de Nadal na Praza de Abastos da localidade. Mentres, as praceiras agardaban vender os últimos produtos. As propias traballadoras recoñeceron que o habitual é que haxa máis afluencia de xente ó longo da semana que no propio día de Noite Boa.
Centolas, nécoras, cigalas ou camaróns seguen a ser os produtos estrela. Pero estas praceiras lamentaron que o aumento dos prezos e a situación económica fixo que as ventas diminuísen con respecto ó ano pasado.
Un aspecto que recoñeceron os propios veciños. Para estas veciñas, sen dúbida, a clave está en mercar produtos fresco coma o marisco unhas semanas antes para conxelalo porque o podemos atopar a menor prezo.
Redacción Salnés










