A Xunta comprométese a apoiar as destilerías para eliminar a competencia desleal

    RIBADUMIA> O polígono do Salnés, en Ribadumia, acolle unha das maiores destilerías de Galicia. Trátase da empresa Destilerías do Salnés, que nesta última campaña foi a única produtora de oruxo da zona que elaborou os seus augardentes. A compañía leva 17 anos neste polígono e continúa apostando pola innovación. Tanto é así que, coa colaboración da Xunta, investiron 130 mil euros para a instalación dunha columna desmetilizadora.

     

    130 mil euros para mellorar os seus produtos. Esta é a aposta da empresa Destilerías do Salnés,  que ven de incorporar á súa planta de Ribadumia nova maquinaria para perfeccionar o proceso.

    A máquina é unha columna desmetilizadora, que mellora a calidade dos augardentes conservando as súas características propias.

    Nesta inversión contaron coa colaboración da Xunta, que aportou algo máis de 40 mil euros. Hoxe, Xosé Manuel Cores Tourís comprobou as melloras realizadas por esta destilería, unha das maiores en Galicia e a única da zona do Salnés que elaborou augardente na pasada campaña. O delegado territorial comprometeuse tamén a traballar para eliminar a competencia desleal do sector.

    Cores Tourís aproveitou para destacar os 2,2 millóns de euros do programa Leader O Salnés xestionado polo GDR da comarca destinados a máis dun centenar de solciitudes que supuxeron un investimento global de 4,1 millóns de euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/22/visita_destilerias_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/22/visita_destileria_salnes.mp4{/flowplayer}