O Comercio do Salnés pon en xogo 6.500 euros para animar as vendas nun Nadal insólito

A ILLA> O comercio local enfróntase a unha campaña de Nadal tan incerta como complicada. No Consorcio do Comercio do Salnés fan un chamamento este ano a merca-los agasallos nas tendas da comarca. Ademais, poñen en xogo entre os clientes 6.500 euros en vales de compra, para anima-las vendas.

A sombra das grandes superficies, das vendas online e, agora, a crise derivada da pandemia poñen contra as cordas ó comercio local. No Consorcio do Comercio do Salnés fan un chamamento ós veciños da comarca a que elixan establecementos de proximidade para as súas compras de Nadal.

Para anima-las vendas, poñen en xogo 6.500 euros a través dunha campaña de rifas entre os clientes.

Unha campaña que se vén celebrando nos últimos anos, pero que sen dúbida neste Nadal é máis precisa ca nunca.

Os gañadores dos vales de compra daranse a coñecer no vindeiro mes de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí