Núñez Feijóo presentou o proxecto para o novo hospital de Pontevedra

    novo_hospital copia100.jpgPONTEVEDRA> Dende esta tarde, Pontevedra coñece o proxecto para a construción do seu novo hospital público.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_NOVO_HOSPITAL_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    O proxecto para o novo hospital de Pontevedra xa é unha realidade. Urxencias pediátricas e para adultos, paritorios quirófanos, psiquiatría, cardioloxía, radiodiagnose ou unidade penitenciaria, son algúns dos servizos dotados coa última tecnoloxía dos que disporán as novas instalacións. Un total de 723 camas e 163 consultas externas repartidas entre as 10 plantas do hospital, que estarán preparadas para atender ás máis de 300 mi persoas desta área sanitaria.

    A pizarra, a madeira e o granito caracterizarán o novo hospital que, segundo os seus arquitectos, estará marcado pola funcionalidade a tecnificación, a sostenibilidade e a humanización. Uns trazos que, segundo Feijóo, o situarán á altura dos mellores centros europeos.

    De cumprirse as estimacións do Partido Popular, os pontevedreses poderían empregar estas novas instalacións no 2014.

    Núñez Feijóo tamén comparou este proxecto coa alternativa da ampliación de Montecelo, manexada polo anterior goberno autonómico e apoiado polo concello pontevedrés. Segundo o presidente da Xunta, o centro de Montecarrasco contará con máis camas, e terá menos limitacións formais, unha articulación máis coherente, maior vida útil e as obras non interferirán na atención ós pacientes.

    Redacción Salnés