
{flowplayer}images/salnes/Basketcup271210.flv{/flowplayer}
Despois dos múltiples problemas entre a organización deste torneo internacional e Fexdega, o vindeiro ano 2011 a competición regresará ó pavillón de Fontecarmoa pechando así un ciclo de 3 anos nos que os enfrontamentos foron numerosos.
O traslado a Fexdega debérase ó crecemento imparable da competición pero para a edición do vindeiro ano Fontecarmoa será a sede, polo que haberá que empegar os dous pavillóns e ademais instalarase unha carpa xigante na zona da entrada.
A intención desa carpa será dispoñer dun espacio de ocio para os participantes do torneo de base pois potenciar este ámbito será un dos obxectivos da organización. Calcúlase que haberá 1128 cativos cunha media de 400 rapaces por día.
Este non será o único cambio que se producirá na Vilagarcía Basket Cup desta edición. O formato será de catro equipos, catro seleccións nacionais sub 18 e xogaranse dous encontros por día.
A única xornada que estará fixada é a primeira, ó día seguinte enfrontaranse por un lado os perdedores dos encontros do día anterior e por outro os vencedores e así sucesivamente ata a final do sábado 23.
Redacción Salnés