O PP de Ribeira critica a xestión do aparcadoiro do Centenario por parte do goberno local

RIBEIRA> O Partido Popular de Ribeira carga contra o executivo polo que considera un despropósito na xestión do parquing da praza do Centenario. Os populares afirman que as medidas executadas polo equipo de goberno poderían supoñer un novo conflito xudicial.

O PP de Ribeira critica  a xestión levada a cabo polo goberno municipal no proceso de recuperación do aparcadoiro de Centenario.  A pesar de que as novas ordenanzas xa foron aprobadas na anterior lexislatura, o actual executivo non foi quen de aplicalas.

A este respecto, os populares inciden en que aínda non se fixo efectivo o rescate da concesión polo que a xestión depende aínda dos administradores concursais o que podería derivar nun novo conflito xudicial para o concello que se viría sumar ó contencioso presentado pola anterior adxudicataria.

Así as cousas, lembran dende o PP que tampouco se fixo efectiva a ampliación do horario da instalación que seguen pechando os sábados pola tarde e os domingos. Un exemplo máis, din, da irresponsabilidade e mala xestión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí