Enfado nos equipos por ter que xogar o domingo 2 de xaneiro

fotoenfadoscopia.jpg SALNÉS> A maioría dos clubes non están dacordo xa que consideran que é demasiado precipitado comezar a competición no medio das festas de Nadal.

{flowplayer}images/salnes/EnfadoPrimeiraXornada.flv{/flowplayer}

Tralo parón da pasada fin de semana con motivo da celebración das festas de Nadal o vindeiro domingo día 2 retómase a competición ligueira. Sen apenas tempo para recuperarse da festa do día de fin de ano os xogadores terán que xogar na tarde do domingo algo co que a maioría non está dacordo.

Nin xogadores nin técnicos xa que consideran moi atropelada esta volta á competición nunha época de festas. Moitos adestradores da Preferente Sur saben que os seus homes estarán tomando o chocolate con churros poucas horas antes de ter que saír ó campo e queren recordar que se trata de xogadores amateurs ós que non se lles debería facer isto.

A isto hai que sumarlle ademais os cambios nos adestramentos esta semana o que obriga a buscar instalacións alternativas, cos problemas que isto supón.

Na Terceira División o problema é o mesmo pero o Portonovo tras chegar a un acordo co Cerceda logrou adiantar o encontro a este xoves, día 30 ás 8, cando se desprazarán ó campo de O Roxo e quedarán así libres apra disfrutar da Noitevella sen preocupacións. Non pode dicir o mesmo o Vilalonga que recibe o domingo o Pontevedra B.

Cunha xornada nesta situación pode pasar calqueira cousa nos resultados.

Redacción Salnés