AETINAPE aposta pola formación para reflotar o sector pesqueiro

    congresoaetinape.jpgRIBEIRA> A Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueiros celebrou o seu pleno bianual cunha ampla representación institucional.

    {flowplayer}barbanza/congresoaetinape.flv{/flowplayer}

    A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou na súa intervención a importancia da formación no sector pesqueiro para acadar unha maior competitividade. Precisamente, nesta liña traballa a Consellería que incrementou a partida destinada á formación, non só regrada, senón tamén a través de convenios e cursos ponte que permiten ascender ós profesionais en activo na súa cualificación.

    Durante o encontro abordáronse tamén outros aspectos de actualidade como a redución das cotas, a precariedade laboral no sector ou a necesidade de garantir a seguridade a bordo.

    Política europea

    Houbo tamén espazo para a crítica contra a política pesqueira común que reserva un papel minoritario á pesca española a pesar de que constitúe o sector principal en boa parte de comunidades costeiras.

    Redacción Barbanza