A confraría de Rianxo pechou o exercicio cun superávit de once mil euros

    RIANXO> A boa xestión dos últimos anos traduciuse no superávit das contas da confraría de Rianxo. Tras unha campaña marisqueira moi rendible e, a pesar de ter investido corenta mil euros en tarefas de rexeneración, o pósito pechou o exercicio con once mil euros de excedente. O plan de xestión desenvolvido pola confraría de Rianxo dende a entrada da nova directiva comezou a dar os seus froitos. Unha maior flexibilidade na explotación e comercialización dos recursos unida a unha máis que positiva campaña marisqueira traduciuse nun superávit de once mil euros nas contas do pósito. Esta boa situación económica permitiu tamén concluír o ERE temporal que afectaba ó persoal da confraría. Ademais do remanente con que conta o pósito cabe destacar o investimento de corenta mil euros destinados á rexeneración de parte dun banco marisqueiro entre … para mellorar a súa produtividade.