Multas ós viticultores de Rías Baixas por pasar os cupos

    denuncia_uuaa copia.jpgSALNÉS> Unións Agrarias denuncia que preto de 300 produtores están recibindo multas de ata 2.000 euros por superar as cotas de recollida de uva no 2009.

    {flowplayer}images/salnes/MULTAS_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Desde Unións Agrarias aseguran que xa a primeiros de novembro, a administración autonómica remitiu unha serie de cartas a algúns viticultores indicándolles a posibilidade de abrirlles expedientes ós que superaran a cota de produción no 2009. Agora esas misivas están tornando en multas. Desde Unións Agrarias piden á consellería do Medio Rural que paralice as sancións e realizar canto antes un censo dos viñedos en produción na DO. E ó Consello Regulador, que modifique a normativa vixente.

    Na DO Rías Baixas, o tope de quilos de uva que se poden recoller por hectárea é de 11.500, aínda que nesta última vendima, ante o aumento da produción, o Consello permitiu ampliar o cupo ata os 12.000 quilos por hectárea.

    Redacción Salnés