O Consello Regulador solicitou a Medio Rural os avisos de sanción

    medio_rural_multas_vendima copia.jpgSALNÉS> A directora xeral Industrias Agrarias confirmou que o ente pediu abrir expedientes ós viticultores de Rías Baixas que superaron os cupos na colleita 2009.

    {flowplayer}images/salnes/MEDIO_RURAL_MULTAS_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    62 viticultores e quince adegas, un 1% de toda a Denominación de Orixe, foron os que recibiron o aviso como posibles sancionados pola Consellería de Medio Rural. A apertura de expedientes a estes produtores foi solicitada polo Consello Regulador, e refírense á superación dos copos da vendima de 2009. Unha campaña na que o límite establecido para a uva albariña estaba en 12.000 quilos por hectárea. De seguir adiante as posibles sancións, os viticultores terían que enfrontarse a multas de entre 2.000 e 30.000 euros.

    Nestes momentos, a consellería do Medio Rural está a recibir as alegacións dos produtores. Algo que se comprometen a estudar caso por caso. A directora de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade ós produtores da D.O. respecto da campaña do 2010. Unha vendima que, debido á súa excepcionalidade, contará con límites á produción máis elevados. De todolos xeitos, dende a Xunta recoméndase ós viticultores que tomen medidas para corrixir estes excesos e evitar así posibles sancións sobre a produción da vendima do 2011.

    Redacción Salnés