Roberto Varela inaugura un albergue de peregrinos no concello de Valga

    ALBERGUE_PEREGRINOScopy.jpgVALGA> As instalacións, que xa están en funcionamento, darán cabida a oitenta peregrinos. Conta con accesos para persoas con discapacidade.

    {flowplayer}images/salnes/ALBERGUE_PEREGRINOS_VALGA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, o Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, inaugurou un albergue para peregrinos, na parroquia de Setecoros, no concello de Valga. Despois do destape dunha placa da man de varias veciñas do municipio, os asistentes ó acto realizaron unha visita polas instalacións, con cabida para oitenta peregrinos e accesos para persoas con discapacidade. Varela destacou que o Camiño Portugués foi a segunda ruta máis transitada ó longo do 2010 e, a pesares de que o Ano Santo está a piques de rematare, con actuacións coma este agardan obter os mesmos resultados o vindeiro ano. 

    Ó acto tamén asistiu o alcalde de Valga xunto ós membros da corporación municipal así coma o Director Xerente do Xacobeo, Ignacio Santo, e veciños que desexaron acudir á inauguración. Jose María Bello mostrou a súa satisfacción de poder ofrecer novos servizos ós usuarios do Camiño Portugués.

    O acto serviu ademais para dar a coñecer a ‘Escultura ó Peregrino’ realizada en bronce polo escultor Camilo Seira. O proxecto contou cun orzamento de seiscentos sesenta mil euros.

    Redacción Salnés