Rouban preto de catro mil euros nun bar de Ribeira

    roubomaruxia.jpgRIBEIRA> Durante a madrugada do martes rexistrouse un roubo no bar Maruxía . Os ladróns sustraeron cartos e obxectos por valor de catro mil euros.

    {flowplayer}barbanza/roubomaruxia.flv{/flowplayer}

    Foron os veciños os que deron a voz de alarma á mañá seguinte, cando observaron a porta do local aberta. De contado, avisaron ós propietarios que se desprazaron ata o lugar para avaliar os desperfectos. Os ladróns levaron consigo diñeiro en metálico, unha televisión e diversa mercadoría.

    Pesquisas

    Despois de inspeccionar o local e tomar pegadas, a policía nacional abriu unha investigación para dar cos delincuentes. Aínda que de momento non se produciu ningunha detención, xa teñen identificados ós presuntos autores do roubo posto que tentaron vender a mercadoría noutros bares da zona.

    Aínda que esta é a primeira vez que rouban neste establecementos, moitos locais da zona xa teñen sufrido a visita dos cacos que vén un branco máis doado na hostalería. Por esta razón, os empresarios reclaman maior vixilancia e que se castigue ós delincuentes con dureza xa que, na maioría dos casos, son reincidentes.

    Redacción Barbanza