O executivo ribeirense inicia a renovación do firme na rúa Cobasa

    RIBEIRA> Operarios da empresa Nemesio Ordóñez iniciaron esta mañá a renovación do pavimento da rúa Cobasa na parroquia de Aguiño.Este proxecto enmárcase nunha actuación máis ampla na que se prevé renovar o asfaltado nun total de cinco vías máis, catro delas en Ribeira e outra en Carreira, ó atoparse o seu firme moi deteriorado. Trátase da rúa que discorre paralela ó CEIP Frións en Carreira, así como tamén as rúas Abesadas, Mendiño, Sorribas e Lugo en Ribeira O importe global desta acción ascende a máis de 76 mileuros.