![]()
LANZADA> Rafael Louzán comprometeuse a construir a Pousada mantendo o Obradoiro de Emprego de Hostalería que se está a realizar no edificio.
O proxecto de contrución da Pousada da Lanzada no edificio do antiguo sanatorio, levarase finalmente a cabo. O presidente da Deputación, Rafael Louzán comprometeuse esta mañá a construir a Pousada mantendo o Obradoiro de Emprego de Hostalería que se está a realizar no edificio.
Comprometeuse tamén a continuar potenciando os campamentos de verán que se veñen poñendo en marcha neste lugar nos últimos anos. Este é o acordo que asinaron Rafael Louzán e os integrantes da plataforma de veciños do Grove que se opoñían a construción da Pousada.
Xan Caneda, Mari Carmen Cacabelos e Francisco Fresco abandoaron o despacho do presidente despois de tres horas de reunión e co compromiso por escrito.
Redacción Salnés







