Presentan en Noia o III Descenso a Nado Río Tambre

NOIA> O concello de Noia acolleu o acto de presentación dunha nova edición do Descenso a Nado Río Tambre.

A proba terá lugar o sábado  9 de agosto, con saída en preamar ó redor das cinco da tarde, dende a Central Eléctrica do Tambre e o conseguinte descenso do río ata  Ponte Nafonso, cunha distancia de aproximadamente 4.800 metros.

está aberta a maiores de 14 anos, federados ou non federados.

As persoas interesadas poderán obter máis información ou inscribirse na páxina de Galitiming, o prazo remata o vindeiro xoves 31 de xullo.

O prezo da inscrición son 25 euros e a organización agarda superar o cento de participantes.

Os concellos de Noia e Outes colaboran na organización da proba, facendo unha chamada a participar ese día no descenso.