VILANOVA> Durán destacou a aprobación por parte do Consello da Xunta do Centro Comercial e a adquisición do Pazo de Vista Real.
{flowplayer}images/salnes/BALANCE_ANO_VILANOVA.flv{/flowplayer}
As dúas accións máis destacadas no concello de Vilanova ó longo do 2010 foron a aprobación por parte da Xunta do Centro Comercial e a adquisición do Pazo de Vista Real. Así o relataba o alcalde, Gonzalo Durán, un día antes do remate do ano.
Destacou, ademais, a compra por parte de Portos de Galicia da nave de Charpo na que se vai a construír o Teatro Valle Inclán. A compra de terreos para a creación da piscina municipal no Terrón, mellora das infraestruturas, obras de diferente categoría ou novas tecnoloxías completaron o resumo.
As esperanzas para o 2011 céntranse, tal e coma o explicou Durán na xeración de emprego. Para iso, salientou o comezo das obras de derribo da nave Charpo, da construción do Balneario no Terrón e os accesos ó Centro Comercial, que se iniciarán no primeiro trimestre do ano. Agardan acadar, ademais o compromiso da Deputación da creación dun Centro de Día en Vista Real.
Ademais, informou que a finais do mes de xaneiro, a empresa SOAGA xa comezará as obras para instalarse no Polígono de Baión.
Por último, reiterou as súas críticas cara os socialistas de Vilanova por non apoiar o centro comercial e informou que a vindeira semana pecharán a solicitude dun crédito ponte cunha entidade bancaria para efectualo pago da compra de Vista Real.
Redacción Salnés