A maioría dos vilagarciáns creen oportuna a dimisión de Abuín

    XARDINS_RAVELLAcopy.jpgVILAGARCÍA> Outros consideran que se xerou demasiada polémica en torno ós bancos de Ravella pero todos queren que se constrúan de novo.

    {flowplayer}images/salnes/ENQUISA_DIMISION_ABUIN.flv{/flowplayer}

    Onte coñecíamos que Marcelino Abuín, aínda edil de Urbanismo de Vilagarcía, dimitía poucas horas antes de que se aprobase no pleno da corporación a restitución dos bancos de Ravella. Nesta sesión xa se coñecía a opinión de moitos veciños estaban conformes coa dimisión do concelleiro. Un día despois, na rúa o sentimento segue sendo o mesmo. A maioría coinciden en que a dimisión de Abuín está xustificada. Algúns, mesmo consideran que xunto a el tiñan que dimitir outras persoas do goberno local. 

    Outros, consideran que se creou demasiada polémica por uns bancos que, ó seu parecer, non tiñan tanto valor.

    Pero todos manifestaron a súa alegría ó coñecer a nova de que se van volver construír os bancos.

    Haberá que agardar á vindeira semana para coñecer definitivamente a modificación que se vai levar a cabo no proxecto de recuperación dos xardíns de Ravella.

    Redacción Salnés