A Pobra do Caramiñal anfitrioa da 55ª Regata Rías Baixas

POBRA> A Pobra do Caramiñal volve a ser anfitrioa un ano máis da Regata Rías Baixas. Este ano celébrase a súa cincuenta e cinco edición, sendo a regata máis antiga de todo España. Serán catro días nos que un total de setenta embarcacións navegarán polas tres rías do sur de Galicia. Unha regata que comezara o vindeiro once de agosto e rematará o día catorce. Dende a organización calculan que cada día chegarán a porto un total de seiscentas persoas, entre patróns e tripulación. Unhas cifras que demostran que a regata, ademais dunha cita deportiva, é un reclamo turístico para as Rías Baixas. Nesta ocasión nomes propios da vela como Pedro Campos, patrón do Mapfre Movistar, ou Gonzalo Araújo, gañador do Open de España 2018, participarán na regata. Unha regata que se divide en catro etapas de vinte e cinco millas cada unha, cun total de cen millas. Axudados polo vento, os barcos chegarán á Pobra o domingo día doce, o redor das cinco da tarde. A recepción oficial terá lugar as sete da tarde, ca posterior entrega dos premios ós equipos vencedores