Apróbase por unanimidade a restitución dos bancos de Ravella

    PLENO_VILAGARCIA_copy.jpgVILAGARCÍA> O goberno local comprometeuse a consensuar cos veciños a modificación do proxecto de recuperación dos xardíns.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA_BANCOS.flv{/flowplayer}

    Cunha sala chea de veciños con gañas de coñecer o futuro do parque de Ravella comezou un dos plenos máis tensos do ano. O voceiro da comisión veciñal comezaba a sesión coa lectura dun manifestou no que instaba á corporación municipal á revisión do proxecto.

    De seguido as palabras dos membros da corporación non se fixeron agardar. Tania Iglesias abría a primeira quenda no que xa adiantaba que o partido socialista comprometíase a restituílos bancos e respectar a orixinalidade dos mesmos. 

    Pola súa parte, Fole confesou que é o momento de traballar unidos mentres que Fajardo tivo duras palabras para o aínda edil de Xestión do Territorio ó que acusou de antepoñer o seu beneficio á memoria dos vilagarciáns. O voceiro de IVIL, lamentou a actuación do concello e considerou que tiñan que dimitir máis persoas do goberno local.

    O voceiro do BNG, Xosé Castro Ratón tamén apoiou a proposta da comisión. Finalmente, aprobouse por unanimidade a modificación do proxecto do xardín de Ravella. Pero a sesión non rematou sen dar a palabra ó voceiro da comisión veciñal o que pediu a dimisión da alcaldesa despois de que esta asegurase que na reunión que mantiveron o pasado martes xa se comprometera con eles, algo que Juan Carlos Porto desmentiu.

    Polo momento, a vindeira semana a comisión veciñal poderá reunirse coa responsable do proxecto Isabel Aguirre para consensuar a modificación do mesmo.

    Redacción Salnés