A POBRA> O concello da Pobra oferta un amplo programa de actividades deportivas para este verán. Haberá cursos para nenos e adultos así como un completo calendario de competicións durante toda a tempada estival.
As persoas interesadas en practicar deporte este verán na Pobra dispoñen dunha ampla oferta programada polo concello da Pobra tanto para adultos como para nenos.
O prazo para realizar as inscricións abrirá o 15 de xuño e poderán facerse na oficina de Deportes do concello ou ben vía telefónica ou correo electrónico. Ademais destas actividades, durante o verán A Pobra acollerá numerosos eventos deportivos como a Carreira Solidaria Móvete pola Diabete, a bandeira de traíñas concello da Pobra ou a Festa da Bici, entre outros.