Un cento de corredores daranse cita este domingo na BTT de San Martiño

RIBEIRA> Esta carreira será a primeira das tres probas que conforman a ‘Bike Series 2018’. O circuíto está organizado por Arousa NeO, Sportbike e a peña ciclista Saltamontes, e conta coa colaboración dos concellos de Ribeira, a Pobra e Porto do Son.

Trátase dunha nova competición para os amantes da BTT que nace coa idea de quedarse. A ‘Bike Series 2018’, organizada  Arousa NeO, Sportbike e a Club Ciclista Saltamontes, arranca este próximo domingo coa primeira das tres probas das que consta o circuíto. Será a BTT de San Martiño en Oleiros.

A esta proba seguiranlle outras dúas máis. O 4 de novembro a BTT de Postmarcos na Pobra do Caramiñal e o 11 de novembro coa Contrarreloxo BTT de Portosín.

O máis regular nestas tres probas será o gañador do circuíto nesta primeira edición. Colaboran na organización do circuíto os concellos da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira. Dende este último destacaron o novidoso da iniciativa, moi demandada entre os afeccionados ó ciclismo de montaña, que solicitaban a celebración na comarca de certames de carácter competitivo especializados neste deporte.

Para máis información e inscricións os interesados poden visitar as webs arousa.com ou bikeseries.es.