Tódolos goles do partido tolo entre Arousa e Negreira

futbol250_241108.jpgSALNÉS > Victoria importante do Portonovo na casa ante un duro rival como o Ourense que permite ós de Milucho alonxarse do descenso. Mentres, na Lomba, vivíuse un auténtico encontro de tolos entre Arousa e Negreira: 3-3, os seis goles na segunda metade.

{flowplayer}images/salnes/futbol_241108.flv{/flowplayer}  

Unha vez máis quedou de manifesto o gran poderío ofensivo do Arousa, e tamén a súa debilidade defensiva. Tivo o partido perdido, remontouno e deixouno escapar nos intres finais.

Tras unha primeira metade case sen historia, na segunda chegaron os seis tantos. O primeiro, do Negreira, bonito gol acadado por Nacho no 50′. Tres minutos despois, Jano aproveitaba unha falta de entendemento entre porteiro e defensa para poñer o 0-2. Lonxe de dar o partido por perdido, o Arousa botouse con todo arriba; Hugo Soto, reducía vantaxes no 65′ e apenas un minuto despois, Padín facía a igualada cun tanto  coa súa teórica perna mala, a dereita. O xúbilo chegou ós graderíos da Lomba a un cuarto de hora para o final, cando de novo Hugo batía a José Ramón Naya e culminaba unha remontada que semellaba definitiva.

Pero non foi así, de novo a falta de contundencia defensiva condenou ós de Laxes e Julián a tres para o final puxo as táboas, xustas, no marcador. O Arousa, continúa instalado na zona morna da clasificación.

O Portonovo acadou  un importante triunfo en Baltar ante o Ourense (1-0), conxunto a ter en conta para o ascenso. A victoria fundamentouse no gran traballo defensivo feito polos de Milucho, cunha gran presión no mediocampo. Álex transformou un penalti dubidoso na segunda metade que lle deu a segunda victoria consecutiva ó Portonovo, que lle serve para saír dos postos de descenso.

Dous puntos por riba, tamén na zona morna, continúa o Vilalonga. Os de Gabi Leis visitaban ó líder Montañeros e non merceron perder (2-0). Crearon máis perigo e foron víctimas dunha mala actuación arbitral, que se comeu dous penaltis, o segundo ademais propiciou as queixas dos celestes, desconcerto que aproveitou o Montañeros para montar unha contra coa que matou o partido xa na prolongación.

O Céltiga pola súa banda suma e sigue despois de empatar nun campo difícil como o do Verín, sen goles. Non foi un partido bonito para o espectador, apenas houbo ocasións de gol, pero os de Josiño Abalde amosaron unha boa imaxe no que se refire á súa orde defensiva. Continúan quintos na xeral a dous puntos do cuarto, o Ourense.

Destacar ademais os resulatdos de Preferente Autonómica Sur; Unión Grove 1 – 2 Arenteiro; Sanxenxo 2 – 3 Salvaterra ; Ribadumia 1 – 1 Melias.

Redacción Salnés