Longas colas para tocar e fotografiarse coa Copa do Mundo

PONTEVEDRA> A réplica da Copa do Mundo de Futbol visitou Pontevedra. O trofeo coqnuistado o pasado 11 de xullo pola selección española congregou a centos de afeccionados no Pazo Provincial, onde estivo exposta ó público durante todo o día.

Centos de afeccionados ó futbol achegáronse onte ata o Pazo Provincial, en Pontevedra. O motivo, a presenza da réplica da Copa do Mundo conquistada pola selección española o pasado verán. Houbo que agardar case seis meses para vela por terras galegas despois daquel imborrable 11 de xullo no que un gol de Andrés Iniesta na segunda parte da prórroga daba a España o título mundial ante a selección de Holanda.

Primeiro pasou por Santiago, hoxe estivo en Vigo e onte foi turno para Pontevedra onde fixo as delicias de pequenos e maiores que non dubidaron en tocala, abrazala, bicala e por suposto fotografiarse con ela, coa estampa victoriosa da selección de fondo.

Os pontevedreses que ata alí se achegaron tiveron que facer longas colas durante todo o día. Moitos deles tiveron que agardar máis de hora e media, pero seguro que para todos, a espera pagou a pena.

Redacción Salnés