O BNG do Barbanza reclama total transparencia no reparto dos fondos autonómicos

    POBRA> O BNG do Barbanza presentará iniciativas en tódolos concellos da comarca instando á Xunta a mellorar o sistema de reparto de fondos. Solicitan a implantación dun plan único que garanta a transparencia e obxectividade para garantir unha distribución equitativa dos cartos públicos. O BNG propón como modelo o Plan Único de concellos implantado pola Deputación da Coruña, institución cogobernada polos nacionalistas.Precisamente estes criterios de transparencia e equidade son os que esixen para o resto de administracións polo que instan á Xunta de Galicia a transferir os recursos públicos ó Fondo de Cooperación Local. Esta iniciativa presentarase en tódolos concellos galegos para garantir, din os nacionalistas, a obxectividade no reparto dos fondos públicos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí