![]()
VILAGARCÍA> Os hostaleiros din que é cedo para valorar as repercusións da lei pero creen que se van ver prexudicados a nivel económico.
{flowplayer}images/salnes/ENTRADA_VIGOR_LEI_ANTITABACO.flv{/flowplayer}
Total normalidade. Así definiron os propietarios destes establecementos o primeiro día sen fumes. E hoxe, a maioría dos hostaleiros, a pesares de que consideran que aínda é cedo para valorar de que maneira se van ver prexudicados, recoñecen que desde o punto de vista saudable compensa.
En canto á afluencia de xente consideran que non se van ver prexudicados xa que a ausencia de fumadores nos seus locais se vai compensado con persoas non fumadoras.
Entre os vilagarciáns as opinións son dispares. Mentres nuns o malestar é patente xa que consideran que cada un ten que elixir se quere fumar ou non, outros manifestaron a súa alegría coa entrada en vigor desta lei.
Esta mañá os usuarios do Hospital do Salnés parece que tamén respectaban a nova normativa xa que, coma se pode ver nas imaxes, non había ningún fumador nas inmediacións do recinto. A nova lei Antitabaco tamén prohibe fumar non só en calquera local cerrado público senón tamén preto de colexios e parques infantís.
Redacción Salnés









