Colapsados os servizos de urxencias pola gripe estacional

    colapso_urxenciascopy.jpgSALNÉS> No Hospital do Salnés, nos últimos días, os sanitarios atenderon ata un trinta por cento máis de urxencias que na semana anterior.

    {flowplayer}images/salnes/EPIDEMIA_GRIPE.flv{/flowplayer}

    Desde primeira hora da mañá, tal e coma informaron fontes do Hospital do Salnés, o servizo de urxencias estivo colapsado. E xa levan varios días saturados pola afluencia de xente que se achega ata estas instalacións con síntomas gripais.

    Este brote de gripe estacional, coincide, ademais, co punto álxido da epidemia que soe ser nos primeiros quince días de xaneiro. No servizos de urxencias de A Parda, en Pontevedra nas últimas semanas atenderon unhas setenta urxencias diarias, algo que se viu incrementado nun trinta por cento desde fai uns días e que na súa maioría son persoas diagnosticadas con gripe estacional. Algo semellante acontece no Hospital do Salnés.

     O perfil do paciente con gripe estacional, que está a colapsar o servizo de urxencias, é na súa maioría de mozos ou adultos que non se vacinaron contra a gripe ou persoas con algunha patoloxía respiratoria.

    A campaña de vacinación antigripal rematou o tres de decembro coincidindo con bo tempo o que provocou tamén que moita xente non tomase precaucións. Fontes do Hospital confirmaron que a penas se detectaron persoas maiores ou enfermos crónicos con gripe.

    Gripe A 

    Ó mesmo tempo a epidemia de gripe A esténdese por Galicia e outras comunidades españolas. Segundo fontes oficiais, tódalas cepas que detectaron ata o momento inclúense na vacina estacional, aínda que as autoridades recalcaron que este ano foron poucas as persoas que se inmunizaron contra a gripe.

    Redacción Salnés