Unha explosión de gas provoca graves danos nunha casa en Catoira

    fotoexplosioncopia.jpgCATOIRA> A estrutura do inmoble quedou practicamente inservible pero por sorte, só había no interior da casa unha persoa que apenas sufriu danos.

    {flowplayer}images/salnes/ExplosionCasaCatoira.flv{/flowplayer}

    O home de 66 anos de idade, atopábase no momento da explosión separado unicamente por unha parede segundo comentaron os veciños que foron os primeiros en chegar. Estaba asustado e algo aturdido polo acontecido pero sen danos de consideración.

    Ata o lugar desprazouse unha unidade do 061 que o trasladou ó centro sanitario por precaución. Tamén se mobilizou Protección Civil e os Bombeiros do Salnés.

    Dous dos fogóns da cociña estaban prendidos cando se produciu o escape de gas que provocou a deflagración, dende Protección Civil recordan que hai que ter moito coidado co gas.

    Debido ós importantes danos na estrutura a casa segue precintada.

    Redacción Salnés