Agótase a marxe de erro para Viajes Interrías e Grupo Junquera

SALNÉS> Mañá volve o futbol sala. Tanto Viajes Interrías como Grupo Junquera xogan fóra da casa. Para os de Portonovo acábase a marxe de erro se é que queren salvarse, mentres que os vilagarciáns teñen que gañar para seguir con opcións de ascenso.

O parón ligueiro ten que ser para o Viajes Interrías un punto de inflexión. Os de Salgueiro precisan resucitar canto antes dunha situación que a día de hoxe é crítica. A falta dun partido para o remate da primeira volta, que disputarán mañá en Ferrol, os portonoveses son antepenúltimos. Unha situación que sería menos precoupante calquera outro ano, pero que éste prácticamente lle condena ó descenso. Coa remodelación que pretende facer a Federación na súa división, oito dos quince equipos da Primeira Nacional A, perderán a categoría. Polo que a salvación a marca agora o Noia, séptimo con 23 puntos, 14 máis que o Viajes Interrías. Ata ahí arriba deberían chegar os de Baltar nunha segunda volta escandalosa.

A milagre podería comezar a producirse esta fin semana. Visitan ó Parrulo, segundo na xeral a dous puntos do Narón. Trátase probablemente do equiupo con mellor quinteto inicial da competición e sen dúbida conta co maior potencial ofensivo, acadaron 85 goles en trece partidos, 22 máis que o segundo máis realizador. Salgueiro poderá contar con tódolos seus homes para tentar dar a machada en Ferrol.

Cara o norte tamén viaxa o Grupo Junquera que se enfronta ó Ventorrillo, equipo da Coruña, que camiña xusto por detrás deles na xeral. Despois da derrota na última xornada ante o líder, os de Rodrigo Feijóo quedáronse a cinco puntos dese primeiro posto. O plantel tómase este partido, e os oito restantes que quedarán por diante, como nove auténticas finais.

O que aínda non retoma a competición esta fin de semana é o Poio Futbol Sala, que non xogará ata o 15 de xaneiro, día no que visita a cancha do Unami.

Redacción Salnés