POBRA> A proba que organiza o Real Club Náutico de Vigo desenvolverá do 13 ó 16 de agosto. A 51 edición da regata Martín Códax Rías Baixas estará presente una no máis no Barbanza, ó facer novamente escala no porto da Pobra do Caramiñal. A proba, que este ano se desenvolverá do 13 ó 16 de xullo. Estará dividida en catro etapas: Vigo-Sanxenxo; Sanxenxo-Pobra do Caramiñal; Pobra do Caramiñal-Combarro e por último Combarro-Vigo. Precisamente a presidenta do club organizador, o Real Club Náutico de Vigo, Viviana García, agradeceulle ó alcalde pobrense a súa hospitalidade e o bo recibimento que lle tributa tódolos anos á flota participante na regata. Unhas palabras de agradecemento ás que tamén se sumou o Director Comercial de Bodegas Martín Códax, Pablo Buján, en representación da firma patrocinadora da regata. Pola súa banda o rexedor pobrense destacou a importancia da proba. Segundo el a regata Rías Baixas – Martín Codax, é unha das competicións máis destacadas do calendario nacional de vela, e nela tomarán parte a práctica totalidade de clubs náuticos galegos. Dende a organización da regata agardan a que sexa unha das edicións máis disputadas e que a participación supere o centenar de embarcacións.
Inicio Deportes