Feijóo: Os logros deportivos dignifican ós galegos

CANGAS> Falámoslles agora da gala de entrega das distincións ó Mérito Deportivo de Galicia 2014.Tivo lugar este pasado venres á noite en Cangas, e nela o Presidente da Xunta resaltou a importancia do deporte como vehículo de cohesión social e de reforzo da autoestima dos galegos.

Un país que valora ós seus deportistas é un país que se valora a sí mesmo; esta sentencia do Presidente da Xunta de Galicia podería resumir o acto de entrega das distincións ó Mérito Deportivo de Galicia 2014, que se celebrou o venres á noite no Auditorio Municipal de Cangas. Nesta cuarta edición, o executivo autonómico quixo distinguir a 35 persoas físicas ou entidades que traballaron a reo polo deporte galego nos últimos tempos; entre os galardoados encontramos nomes tan coñecidos polo público como o de Iván Raña, o porteiro Paco Buyo, o Club Ourense Baloncesto, a Carreira Pedestre Popular de Santiago ou o Club de Mar Ría de Aldán, entre outros. Eles encarnan, segundo o mandatario galego, o espírito de superación galego. Esta gala serviu tamén para salientar o éxito de programas de promoción do deporte do executivo autonómico como o financiamento de mil clubes de base; o deporte de elite a través do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, ou o programa Galicia-Río 2016 para deportistas olímpicos. E xa fora do eido profesional, cabe sobrancear tamén o Plan Galicia Saudable que propiciou que sete de cada 10 galegos practiquen arestora algún deporte suave de forma ocasional.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/deporte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/gala_deportes_cangas.mp4{/flowplayer}