Rivera Mayo acusa ós socialistas de facer un goberno “desnortado”

    fotoivilcopia.jpg VILAGARCÍA> O voceiro de IVIL acusou esta mañá ós socialistas de non redistribuir as competencias trala saída de Marcelino Abuín.

    {flowplayer}images/salnes/IVILVilagarcia.flv{/flowplayer}

    A acta de concelleiro que deixou baleira o ex edil de urbanismo será ocupada por Álvaro Carou pero a falta de coñecer os resultados da reunión que o grupo socialista levou a cabo esta tarde, todavía non se coñece quen asumirá as súas competencias. As que se refiren ó ámbito de Xestión do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente.

    Para o voceiro de IVIL, a incapacidade dos socialista de chegar a un acordo para o reparto destas competencias non é máis que unha mostra de que o grupo se descompón.

    Á primeira reunión que celebraban os socialistas para resolver este tema, que tivo lugar o martes, a alcaldesa chegaba cunha proposta clara. Facerse ela cargo do ámbito de Xestión do Territorio e Urbanismo e deixar en mans de Álvaro Carou Medio Ambiente.

    A única que apoiou tal iniciativa foi Victoria Hierro, os outros 4 concelleiros rexeitaron a proposta da alcaldesa polo que esta tarde tiveron que volver a reunirse para tratar de chegar a un acordo.

    Rivera Mayo considera que as friccións no grupo socialista son evidentes e fala de grave crise.

    Rivera Mayo aproveitou tamén para mostrar a preocupación de IVIL pola difícil situación económica do concello e para denunciar que a liquidación dos presupostos do 2009 se aprovara fai escasos días cando debía terse aprobado antes do 1 de marzo.

    Redacción Salnés