A festa do polo de Ribadumia tamén sucumbe á Covid 19

RIBADUMIA> A festa do polo de Ribadumia tamén se cae do calendario por culpa do Covid 19. A organización decidiu suspender a festa ao non ver viable a súa celebracións coas limitacións do aforo. Os organizadores preparan un evento cultural como agradecemento á veciñanza.

A carballeira de Ribadumia acollería o próximo mes de xullo a preto dun millar de persoas para gozar da XXVII edición da festa do polo da vila. Un evento que finalmente suspenderase por culpa da crise sanitaria provocada polo Covid 19.

Un dos motivos principais é que dende a organización non ven viable a súa celebración cun límite de aforo.

A pesar da suspensión dende a organización traballan para poder celebrar un evento cultura como agradecemento á veciñanza.

Dende a organización sinalan que volverán para o ano con máis ilusión pero son conscientes de que se as restricións continúan veranse obrigados a cancelar a festa.

Dende a organización quixeron mandar un mensaxe de agradecemento a toda a xente que colabora coas festas, así como ao persoal sanitario pola súa importante labor nestes momentos tan complicados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí