III edición das Xornadas Técnicas enfocada á comercialización do viño

RIBADUMIA> A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia celebrará o venres 24 as terceiras xornadas técnicas no Auditorio da Xuventude de Cambados. O evento titulado “Estratexias para o achegamento do viño ao consumidor – A xeración “Millennial”” conta con 100 prazas. A inscrición estará aberta ata o xoves a través da páxina evega.xunta.gal.

O vindeiro venres 24 terán lugar as terceiras xornadas técnicas no ámbito das cinco denominacións de orixe galegas. O evento está organizado por EVEGA, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados. Esta edición está enfocada á comercialización do viño.

As xornadas están abertas para todo o público interesado pero ten como principais destinatarios os viticultores, enólogos, persoal técnico das adegas e investigadores. Este ano con especial fincapé á mocidade agricultora e adegueira.

O evento conta con 100 prazas e a inscrición pode facerse ata o xoves a través da páxina evega.xunta.gal.

Comments are closed.