Mala xestión política e ‘despilfarro’ económico

    valoracion_fole copia.jpgVILAGARCÍA> Este é o balance realizado polo PP local sobre a xestión do goberno municipal durante o 2011.

    {flowplayer}images/salnes/PP_VILAGARCIA_XESTION_MUNICIPAL.flv{/flowplayer} 

    O primeiro foco das críticas do voceiro do PP vilagarcián Tomás Fole foi o partido socialista e as sucesivas crises que segundo os populares veñen protagonizando nesta lexislatura. A última, a dimisión do edil de urbanismo e o continuo cuestionamento ó papel da alcaldesa Dolores García.

    Tampouco se librou das críticas o socio de goberno dos socialistas. Para o PP, o BNG debería decidir en cuestións de calado como a restruturación do goberno municipal trala marcha de Marcelino Abuín. É dicir, que os nacionalistas estarían aproveitando os problemas dos socialistas para buscar réditos electorais. Pero a xestión económica centrou tamén boa parte das críticas. O PP acusa unha vez máis ó goberno vilagarcián de non saber aproveitar os 23.200.000 euros de orzamento que leva acumulado nesta lexislatura.

    É máis, bótalle en cara a perda de importantes subvencións polo que cualifican unha mala xestión. E fai un reconto das actuacións que cataloga como ‘chapuceiras’: o peche do aparcamento de Xoán XXII, as obras de Rei Daviña que non remataron cos problemas de inundacións, o novo centro de saúde e os xulgados, dos que seguen sen poñer a disposición os terreos… e un longo etcétera de proxectos e acordos plenarios dos que din ‘se incumpriron o 100%’.

    E como guinda, Fole convida unha vez máis ó executivo local a comezar a elaborar os orzamentos de 2011, para uqe non haa que prorrogar por terceira vez os do 2009.

    Redacción Salnés