Benestar social presenta o II Plan de inclusión para persoas vulnerables

    plan_2100_210108_001.jpgVILAGARCíA > A secretaria xeral de Benestar, María Xesús Lago acudiu hoxe a presentación do segundo plan de inclusión en Vilagarcía …

    … que nesta quenda veu acompañado da inauguración das oficinas que porán en marcha esta iniciativa social.Un plan que ten como principal obxectivo fomentar as oportunidades laborais e socias das persoas en risco de exclusión social

    O acto estivo respaldado pola alcaldesa arousá. Dolores García. A consellería de benestar social quere con esta segunda edición do plan de inclusión amplía-los servizos cun importante esforzo orzamentario pasando dos 13 equipos que formaban o organismo orixinariamente a 21 co obxectivo de mellora-la situación dos colectivos máis vulnerables

    Os piares entre os cales se sustenta a esta iniciativa atópase a inclusión laboral pero dende un punto de vista integrista e colectivo, non específico e individual Para a alcaldesa Dolores García a apertura destas oficinas en Vilagarcía supón un desexo cumprido no que levan loitando dende fai anos

    Estas oficinas servirán de punto informativo para as persoas máis desfavorecidas incluíndo o colectivo xitano e os xovenes reclusos para os cales se porán en funcionamento módulos de inserción laboral e participarán como intermediarios cos concellos para que todos aqueles que reúnan os requisitos podan acceder as axudas que o plan de inclusión ofrece. As dependencias darán servizo ós 20 concellos das comarcas do Salnés e Ulla Umia e estarán situadas nos baixos do concello de Vilagarcía.

     

    Redacción Salnés