![]()
RIBADUMIA> A Xunta destinará 7 millóns 78 mil euros á súa construción, que diminuirá o traballo da EDAR de Cambados.
{flowplayer}images/salnes/EDAR_RIBADUMIA_AGUSTIN_HERNANDEZ.flv{/flowplayer}
A nova depuradora de Ribadumia encargaríase do tratamento das augas que neste momento pasan pola EDAR de Tragove, en Cambados. As novas instalacións están pensadas para unha poboación de 15 mil habitantes, e se encargarán da depuración de 5 mil metro cúbicos de auga diarios.
A estación de Ribadumia, que conta cun orzamento de 7 millóns 78 mil euros, estará equipada cun bombeo, unha planta de pretratamento e outra de desbaste e desareado. Un tanque de retención, un reactor biolóxico e outros dous de decantación e desinfección ultravioleta, completarán as instalacións desta depuradora, que ten un período de execución de 24 meses.
O conselleiro de Medio Ambiente tamén falou do proxecto das comportas no saco de Fefiñáns, en Cambados. Agustín Hernández insistiu en que as obras son correctas para o medio ambiente.
Hernández, acompañados doutras autoridades políticas de localidades da zona e provinciais, tamén visitou os traballos da Ponte de Barrantes, que a estas alturas están practicamente finalizados.
Redacción Salnés










