A Policía Local de Vilagarcía envía ó desguace a 26 vehículos abandonados

    VILAGARCÍA > Un total de 26 vehículos abandonados, entre turismos e motocicletas, serán retirados esta semana das rúas de Vilagarcía. A Policía Local continúa co programa de localización de vehículos tirados na vía pública para envialos a un Centro Autorizado de Tratamento de Residuos Sólidos Urbáns.

    cochesabandonados_300_110406.jpgÓ longo desta semana, a Policía Local de Vilagarcía enviará ó desguace un total de 26 vehículos abandonados na vía pública, tanto turismos como ciclomotores. O luns retiráronse seis vehículos gardados no depósito municipal, outros catro estacionados no Bosque dos Desamparados e un nun descampado da rúa Villa Janer, detrás do colexio da Escardia.

    Trátase dunha campaña que permitirá obter máis prazas de estacionamento na vía pública, segundo se sinala desde o concello. Ó parecer algúns vehículos levan varios meses aparcados na mesma praza, ocupando un sitio. Tamén é unha cuestión de imaxe, xa que moitos adoitan ser turismos escachifados que en pouco tempo se converterán en vertedoiros. O concello sinala que cada tres ou catro meses a Policía Local realiza un varrido polas distintas rúas para ver cantos vehículos se atopan nesta situación de abandono.

    Polo que se refire ós vehículos retirados esta semana, corresponden con aqueles expedientes finalizados, por renuncia dos seus titulares a favor do concello ou por cumprírense os prazos legais pertinentes, e son enviados a un centro autorizado de tratamento de residuos sólidos urbanos. O concello lembra ós titulares que queiran desfacerse do seu vehículo que poden dirixirse á Xefatura da Policía Local onde se lle informará dos trámites.

    Redacción Salnés