MORAÑA> Moraña recupera a programación cultural para a súa festa do Carneiro ao Espeto. O concello só vendeu este ano 15 lotes dos 50 que ofertou. Dende o goberno creen que a veciñanza escollerá outras alternativas para tomar o espeto e así adaptarse as medidas sanitarias.
A festa do caneiro ao espeto de Moraña recupera a súa programación cultural. Por mor da pandemia, o ano paso a festa só celebrou o asado dos carneiros, pero este ano engádense numerosas actividades culturais.
O evento principal terá lugar o domingo co asado do espeto. Este ano de novo, non se celebrará a comida na Carballeira. Os interesados fixeron as súas reservas e o día propio da festa pasarán a recollelo seu lote.
O concello puxo a disposición dos interesados 50 lotes dos cales só se venderon 15. Dende o goberno consideran que este descenso débese á precaución polas medidas. Ademais do asado principal, os bares tamén ofertan o seu prato de carneiro.
Esta fin de semana terán lugar os eventos máis importantes das festas do caneiro ao espeto de Moraña. Este venres actuarán Desconcerto, Broken Peach e La Oca Band, o sábado será a quenda de Gisela Concert Kids, Bombai e Soraya, e o día forte, o domingo, actuarán Luís Zahera e Tanxugueiras. Todos os espectáculos requiren de inscrición previa e contarán con todas as medidas sanitarias.