O campamento xuvenil das Sinal, a pleno rendemento tamén na primavera

VILANOVA> Nesta Semana Santa o campamento xuvenil das Sinas, en Vilanova, está a pleno rendemento. Alí, preto dunha vintena de mozos pasan uns días de lecer, dentro do programa Primavera Xove da Xunta. Esta iniciativa busca desestacionaliza-la actividade deste tipo de centros, espallando os campamentos do verán ao longo do resto do ano. En toda Galicia, este programa ofrece 1700 prazas para os meses de abril e maio.

O espítiro dos campamentos de verán, en pleno mes de abril. O albergue das Sinas, en Vilanova, goza estes días dunha intensa actividade grazas a este grupo de mozos e mozas que veu ata aquí pasa-la Semana Santa.

Estas actividades forman parte do programa Primavera Moza da Xunta, coas que se pretende espalla-lo espírito dos campamentos xuvenís máis alá do verán. O programa conta cunha versión para a primavera e outra para o outono.

Para estes meses de abril e maio ofertaranse 1.700 prazas por toda Galicia, contando tamén co albergue xuvenil das Sinas. Un bo xeito, entende o alcalde, de darlle vida á localidade nestas semanas.

Ademais deste tipo de estadías nos albergues, esta iniciativa ofrece feiras nos 12 espazos xoves da rede autonómica e encontros formativos e de networking nos campus universitarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí