O BNG de Catoira planea rebaixar o solo industrial e incentivar o autoemprego

    CATOIRA> O BNG de Catoira propón establecer vantaxes fiscais para os emprendedores no IBI en as distintas taxas municipais. Os nacionalistas pretenden que o fomento do emprego sexa un dos eixos do seu goberno de acadar a alcaldía, polo que amplían as medidas de apoio ó autoemprego á axilización nos trámites de concesión de licenzas ou o asesoramento desde o concello para a creación de empresas. Tamén pretenden potenciar o polígono industrial, solicitando a SEA unha rebaixan o prezo do solo, ou impulsar o traballo no campo, coa potenciación de cooperativas agrícolas ou rematando a concetración parcelaria.