VILAGARCÍA> A antiga comisión veciñal de afectados por Megasa responde a Esquerda Unida. O colectivo sentiuse atacado polas declaracións feitas o pasado venres polo voceiro da formación. Juan Fajardo asegurara que trala marcha da factoría houbera intereses especulativos; segundo a comisión, o único que os moveu foi a preocupación polo medio ambiente.
A antiga comisión veciñal de afectados por Megasa resucita tralas declaracións do voceiro de Esquerda Unida. A agrupación sentiuse atacada por Fajardo que, sen nomear á comisión, tralos movementos contra Megasa houbo intereses urbanísticos.
A comisión asegura que os problemas medioambientais e para a saúde que producía a actividade industrial de Megasa, foron os motivos que propiciaron o seu nacemento.
Por iso piden ao voceiro de Esquerda Unida que rectifique.
Para finais desta semana a comisión agarda convocar unha asemblea cos seus membros para valorar as declaracións de Fajardo e tomar unha decisión.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/comision_megasa_responde_fajardo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/comision_megasa_responde_fajardo.mp4{/flowplayer}