![]()
VILAGARCÍA > O BNG en Arousa manifestou a súa satisfacción pola decisión de Industria de non recorrer a sentenza que anula os permisos dos depósitos de Ferrazo. O deputado nacionalista Bieito Lobeira felicitou ó Conselleiro pola decisión e manifestou que o seu partido traballará pola negociación entre as partes implicadas para que se chegue ó mellor acordo posible.
Para acadar un acordo o BNG considera imprescindible que prohiba o tránsito de hidrocarburos pola ría arousá. Contemplaríanse tódalas posibilidades como a reubicación dos depósitos noutra parte do litoral. Pídelle ó goberno que tome cartas no asunto e que o concello de Vilagarcía asuma que mantivo unha actitude equivocada no seu día.
Lobeira destacou que a negociación debe ser posta en marcha canto antes e non negou que a Xunta xa estea a manter contactos coas empresas afectadas aínda que non foran formalizados. Recalcou que esta sentenza supón un hito na problemática dos depósitos. O importante, insistiu é que as negociacións fructifiquen.
Redacción Salnés











