‘Temos unha situación grave e non sabemos quen vai gobernar’

    fotoplenoabertocopia.jpg VILAGACÍA> O PP local acusa ó secretario provincial do PSOE, Modesto Pose de ser el o que está a mover os fíos do goberno.

    {flowplayer}images/salnes/MartaModestoPlenoAberto.flv{/flowplayer}

    Pose estivo onte no programa Pleno Aberto onde contestou á deputada popular Marta Rodríguez. Para os populares a reorganización das competencias municipais no Concello de Vilagarcía non fai máis que poñer de manifesto a crise que está a atravesar o goberno local. Falan de goberno desnortado e consideran que os socialistas non son unha alternativa válida de goberno.

    Marta Rodríguez volveu a facer referencia á incapacidade da alcaldesa para controlar ó grupo de goberno.

    O secretario provincial do PSOE, respondeu ás acusacións asegurando que non hai nada de malo en que haxa discrepancias dentro do partido pois segundo el as opicións sobre un tema poden ser diversas.

    Para a deputada os debates internos son lícitos pero non cando afectan ós cidadáns. Despois desta valoración o debate centrouse na sanidade, tema no que tamén houbo referencias para Vilagarcía.

    Marta Rodríguez reclamoulle ó secretario que enviasen á consellería os informes oportunos sobre os terreos pero Pose asegurou que os informes xa están enviados e que o problema é que á conselleira non llen valen esos terreos.

    Redacción Salnés