Comeza a 38ª edición da feira multisectorial de Fexdega

    VILAGARCÍA > Fexdega abriu hoxe de novo as súas portas para celebrar a 38 edición da feira multisectorial que se poderá visitar ata …

    …o vindeiro 14 de Outubro.

    O conselleiro de Industria Fernado Blanco foi o encargado de inaugura-lo acto acompañado de varias autoridades municipais. Aínda que este ano celébrase a trixésimo oitava edición desta feira, Fexdega cumpre 40 anos xa que foi no 1967 cando esta mostra veu a luz por primeira vez.

    fexdega300_111007_001.jpgO conselleiro de industria resaltou a importancia deste tipo de feiras que atraen cada vez a mais público Xosé Castro Ratón en representación do concello subliñou que Fexdega converteuse nun referente comercial a nivel galego Dende a organización do evento lembráronse os inicios desta exposición que co tempo conseguiu introducir más variedades dentro da súa oferta comercial.

    Máis tarde tódalas autoridades percorreron o recinto feiral visitando algúns dos stands da mostra. O momento anecdótico produciuse cando o conselleiro ficou para observar un loro que estaba á venta nun dos expositores.

    No remate do acto as autoridades puideron gozar dun pequeno xantar para logo continuar cas axendas oficiais.

    Redacción Salnés