![]()
VILAGARCÍA> O acto institucional contou coa participación do Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández.
{flowplayer}images/salnes/FESTA_POLICIA_LOCAL.flv{/flowplayer}
Con motivo da festividade da Policía Local, a praza de Ravella converteuse no escenario para a celebración deste día para o corpo de Vilagarcía. O acto comezou coa formación dos axentes e, deseguido, a alcaldesa e o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, pasaron revista ós integrantes deste Corpo Municipal. No salón Nobre, xa no interior da Casa Consistorial, foi a quenda dos recoñecementos.
Ademais da presenza do Subdelegado do Goberno, o acto contou coa participación de diferentes responsables das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Delfín Fernández destacou a actividade de cooperación, coordinación e colaboración entre a Policía Local e a Nacional.
Delfín admirou, finalmente, o compromiso e a profesionalidade deste corpo así como a labor da alcaldesa ó longo dos últimos catro anos coma responsable do servizo de seguridade do concello.
Redacción Salnés








