Guerra e Quintana inauguran as obras da Praza de Abastos

    praza_abastos_copy.jpgVILAGARCÍA> Durante a visita, Javier Guerra puxo de manifesto que o pequeno comercio e as prazas son sinónimo de calidade e de produto fresco.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_PRAZA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Totalmente comprometidos co pequeno comercio e coas prazas de abastos que se plasma en tres realidades: a nova Lei de Comercio, os fondos destinados a estas actividades e as campañas de dinamización destes espazos. Esta foi a mensaxe que o Conselleiro de Economía e Industria lanzou durante a inauguración das obras de remodelación da Praza de Abastos de Vilagarcía.

    Pola súa banda, a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, salientou que con traballos coma os que hoxe se inauguraron se pon de manifesto as ganas do goberno autonómico de seguir apostando por este tipo de comercio.

    Palabras ás se uniu o alcalde de Vilagarcía. Tomás Fole puxo de relevo, ademais, o traballo feito polos seus predecesores e todos aqueles que posibilitaron que estas obras poidan ser unha realidade. E engadiu que isto só é o inicio dun inicio xa que queda aínda traballo por diante.

    Neste senso, e para pechalo acto, Fole comprometeuse a que desde o goberno local van poñer todo o seu empeño na busca de financiamento para que a segunda fase do proxecto sexa unha realidade.

    Redacción Salnés